
o obxectivo principal do cibervoluntariado, ou voluntariado virtual, é empregar as novas tecnoloxías como medio para solucionar problemas sociais de fondo.
O cibervoluntariado tenta acadar que todas as persoas teñan, por igual, a oportunidade de acceder, coñecer e utilizar as Novas Tecnoloxías coa fin de paliar a brecha dixital e fomentar a Sociedade do Coñecemento.
Os beneficiarios das actividades propostas dende o cibervoluntariado son, por tanto, os colectivos que, normalmente, adoitan quedar excluídos da Sociedade da Información por razones de xénero, idade, entorno profesional e/ou social, falta de tempo, falta de motivación e/ou recursos materiais ou económicos, falta de coñecementos ou habilidades.
O perfil do “cibervoluntario” é o dunha persoa curiosa, pro activa, con gañas de aprender, paixón por compartir e entusiasmo polas Novas Tecnoloxías. Os voluntarios dan a coñecer, ben a través de rede ou en persoa, as posibilidades que ofrece o emprego das Novas Tecnoloxías dun xeito útil, sinxelo e eficaz para o día a día dos colectivos con poucas posibilidades de acceso e información mediante cursos, charlas, conferencias, obradoiros, eventos, seminarios, etc.
Trátase, á fin, de crear conciencia social, xerar actitudes sociais e culturais positivas cara á importancia das Novas Tecnoloxías para o desenvolvemento e avance da sociedade suprimindo calquera barreira que impida o seu coñecemento e emprego, especialmente as físicas, sociais e culturais.
voltar a opcións de voluntariado