oficina minucipal de información de XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

que é ?A Oficina Municipal de Información Xuvenil pertencente a Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense e que está integrada na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia. Nela, ofrécese un servizo permanente de asesoramento, orientación e información, persoal, telefónica ou vía e-mail de todo tipo de temas relacionados coa mocidade.

Na OMIX do Concello de Ourense podes atopar información sobre bolsas, axudas,cursos, congresos,asesoramento laboral e información diaria de ofertas de traballo, asociacionismo, lecer e cultura, vivenda,lingua, tecnoloxía, ensino, saúde, discapacidade, Programas Europeos,información de becas e estudios de idiomas no extranxeiro,intercambios, Talleres ocupacionais, Campos de traballo,campamentos, albergues....

Semanalmente ponse a vosa disposición o R.I.X. (Rede de Información Xuvenil) que edita a Xunta de Galicia con todo tipo de información dirixida ós mozos e mozas. Dispoñemos dun punto de documentacón xuvenil que é un servizo de préstamo ou consulta de material didáctico, e conexión a internet a vosa disposición.

Anualmente dende a Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense convócanse subvencións dirixidas a Asociacións, Entidades ou poboación en xeral que realicen calquera tipo de actividade ou proxecto que vaia dirixido exclusivamente a mocidade da nosa cidade.

Na OMIX tamén poderás tramitar o teu “Carné Xove - euro 30” co que obterás interesantes descontos en multitude de establecementos adheridos (hoteis, transporte, albergues, ocio, compras..) dentro e fóra do país.

horario De luns a venres, de 8:15 h. a 14:45 h.

actividades
Ourense Xove Embarcate Outras actividades

 

Quérote Xuventude.net Nsaio Casa da Xuventude
Lista de Asociacións de Ourense

 

Praza de San Martiño, nº 2 // baixo (antiga sede da Policía Municipal) // 32005 Ourense // T 988 388 154
Email: xuventude@ourense.es // voluntariado@ourense.es

concello de ourense